
Furia española
Cassen, Mónica Randall, Ovidio Montllor
- 87 minutos
Comedia esperpéntica e escatolóxica situada no barrio Chino de Barcelona, centrada nas relacións entre personaxes do lumpen e coa paixón polo Barça como motivo central. A segunda longametraxe de Francesc Betriú, logo de Corazón solitario, irritou con fruición á censura, o que ocasionou 23 cortes, 6 minutos, agora recuperados grazas á restauración dixital dirixida por Ferrán Alberich desde o Centre de Conservació i Restauració de Filmoteca de Catalunya, coa colaboración da ESCAC. Un filme salvaxe e irreverente, un astracán adiantado ao seu tempo que entra sen complexos en temas como TVE, o fútbol, o sexo ou a relixión, e sobre o que gravita unha lenda: ser a última película que Franco puido ver no Pardo.
Sebastián é un forofo do Barça que pasa a integrar unha das súas peñas futbolísticas. Na peña coñece a Juliana, a filla do seu xefe e amigo Amadeo, coa que acaba en petición de matrimonio. Pero a voda debe celebrarse o mesmo día no que Barça e Madrid se xogan o título de liga...
-
As Filmotecas presentan...
La montagne infidèle
Furia española
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:1975
- Países de produción: España
- Guión: Francesc Betriú, José Luis García Sánchez
- Fotografía: Magín Torruella
- Produtora(s): Radar Films