La montagne infidèle
- 24 minutos
A peza perdida da obra de Jean Epstein. Con 26 anos e ao inicio da súa carreira, Epstein filmou este documental da erupción do Etna en xuño de 1923. Rodada entre Coeur fidèle e La Belle nivernaise, con Paul Guichard como operador, La Montagne infidèle incide no interese polos escenarios reais que dominará a súa filmografía a partires dos anos 30 e que aquí adopta a forma do cataclismo e o extraordinario. A aura mítica da película provén non só do seu tema e condicións de rodaxe, senón tamén dos escritos ensaísticos de Epstein. O seu segundo libro sobre cine titulouse El cinematógrafo visto desde el Etna (1926), e nel a reflexión teórica parece xurdir da experiencia extrema do volcán.
En 2021 os herdeiros de Pere Tresserra fixeron un depósito na Filmoteca de Catalunya dunha colección de películas Pathé-KOK, un sistema en 28 mm para un circuito educativo e familiar. Grazas ao traballo do 2CR (Centre de Conservació i Restauració de Filmoteca de Catalunya), identificouse esta copia na colección e procedeuse a súa restauración.
-
As Filmotecas presentan...
La montagne infidèle
Furia española
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:1923
- Países de produción: Francia
- Fotografía: Paul Guichard
- Produtora(s): Pathé Frères