
El filandón
Magín Mayo, Luis Mateo Díez, José María Merino, Julio Llamazares
- 100 minutos
Conta a lenda do rei Bermudo de León, que mandou ao mozo Pelayo a distraer durante uns días ao moro Almanzor para poder escapar. Pelayo entretivóo durante cinco días, pero cando Almanzor advertiu a treta, matouno. Desde ese momento transformouse en mártir e santo. Unha vez ao ano cinco persoas de terras leonesas reúnense nunha ermita para honrarlle polo que fixo, recitando cada unha delas unha historia; desta maneira San Pelayo avisará de posibles desastres naturais. Rodada en parte na súa localidade natal, Albares de la Ribera, e en outros municipios leoneses de Torre del Bierzo, Burbia, León ou Mansilla de las Mulas, a película de Chemas Sarmiento xunta a esas cinco persoas na ermita, aproveitando a caída da noite para manter viva a tradición de contar historias arredor do lume.
Alí vanse sentar os escritores Luis Mateo Díaz, Pedro Trapiello, Antonio Pereira, José María Merino e Julio Llamazares, que narran as historias e lendas sobre Bermudo de León, Pelayo e Almanzor. O filme contou coa participación na parte musical dos músicos bercianos Cristóbal Halffter e Amancio Prada. Proxectada na Seminci, foi seleccionada en San Sebastián, Oporto e Belford, onde acadou o premio do Xurado e o premio do Público.
Foi restaurada dixitalmente pola Filmoteca de Castilla y León e a Fundación Antonio Pereira co seguemento do seu director nun proceso de dous anos, coa asistencia técnica do laboratorio madrileño Ocho y pico.
-
As Filmotecas presentan...
El filandón
Versión lingüística:VOFormato:DCPRestauración Filmoteca de Castilla y León. Entrada de balde.
- Ano:1985
- Países de produción: España
- Guión: José María Martín Sarmiento, Luis Mateo Díez, Pedro Trapiello, Antonio Pereira, José María Merino, Julio Llamazares
- Fotografía: Nurith Aviv
- Montaxe: José Maria Martín Sarmiento
- Produtora(s): Albos Films