Tasio
Patxi Bisquert, Amaia Lasa, Nacho Martinez, José María Asín, Enrique Goicoechea, Elena Uriz, Miguel Ángel Rellán, Francisco Hernández
- 96 min.
Tasio aprende o oficio de carboeiro e de cazador furtivo de seu pai. É unha existencia tan sinxela como dura, que el asume con enteireza e orgullo. Conforme vai medrando, decide deixar de traballar para os poderosos que explotan o seu xornal e vivir do que a montaña poida darlle, nin máis nin menos. Os seus amigos vanse á cidade, mais Tasio, nin casando e sendo pai, abandonará o seu estilo de vida.
Ópera prima de Montxo Armendáriz, que realizou tras facer unha curta documental sobre este mesmo tema. Os costumes dos pobos da montaña navarra quedan perfectamente capturados pola exquisita fotografía de José Luis Alcaine, nun relato que desprende un alto valor etnográfico; foi filmado en varias vilas destes vales coa complicidade dos seus paisanos.
A restauración en 4K (supervisada por Montxo Armendáriz e co acordo de Mercury Films) foi financiada polo Goberno Vasco e conducida pola Filmoteca Vasca a partir dos negativos orixinais conservados na Filmoteca Española. Traballos de restauración dixital levados a cabo no laboratorio L’ Immagine Ritrovata, de Boloña.
- Ano:1984
- Países de produción: España
- Guión: Montxo Armendáriz
- Fotografía: José Luis Alcaine
- Montaxe: Pablo González del Amo
- Produtora(s): Elías Querejeta P.C.
-
El proceso de restauración y otras curiosidades de 'Tasio', exitosa ópera prima de Montxo Armendariz
Dani Álvarez (La noche de..., en ETB)
Presentación da película en Filmoteca Española
A cargo do director Montxo Armendáriz, a actriz Amaia Lasa e de Alberto Cañada, de Filmoteca de Navarra
Notas sobre o filme no catálogo de Il Cinema Ritrovato
Montxo Armendáriz
En 1981 realicei un documental, Carboneros de Navarra, sobre a vida e costumes dos últimos carboeiros que quedaban en varias comarcas navarras. Un destes carboeiros era Anastasio Ochoa, coñecido de forma garimosa como Tasio. Vivía en Zúñiga, unha pequena vila da comarca de Estella, mais o seu verdadeiro fogar sempre estivera na montaña. Nada máis coñecelo, impresionoume a súa forma de entender e afrontar a vida. Adoitaba dicir que «a montaña che dá todo o que necesitas para vivir» e que traballar para os demais non era unha forma natural de vida. A súa sinxeleza e o seu equilibrio interior coa súa humanidade, así como coa natureza, atraéronme profundamente e sentín que merecía a pena levar a súa vida á pantalla. [...]
Logo de rodar o documental, ía con el ás montañas, onde producía carbón, cazaba furtivamente e pescaba. Durante estes longos encontros, contábame anécdotas da súa vida, que eu gravaba nun pequeno casete. Así é como cheguei a coñecer e admirar esta persoa; un home que sempre foi fiel aos seus principios, que nunca aceptou as normas sociais e que, en todo o que dicía e facía, era un tributo ao amor e á liberdade da natureza. [...] Rodamos Tasio en Navarra, nunha ducia de vilas ciscadas polos vales de Améscoa e Lana, e na Serra de Urbasa. Ao longo da rodaxe, contamos coa xenerosidade da xente do lugar, que participou como figurante e tamén nos prestou vestiario e attrezzo de época que utilizamos no filme. [...] Primeiro como persoa e logo como película, Tasio marcou un punto de inflexión na miña vida. Atadaquela, fora profesor de electrónica en escolas politécnicas. Sempre quixera facer cinema, pero a situación económica da miña familia non mo permitía. Coñecer a Tasio impulsoume a ficcionar a súa historia e abriume as portas do cinema, algo co que sempre soñara.