
Ampliar os afectos. O cine de Sumiko Haneda
Do 5 de novembro de 2024 ao 16 de novembro de 2024
Pioneira do cinema de non-ficción xaponés, Sumiko Haneda (Dalian, 1926) é unha das poucas mulleres cineastas que conseguiu facerse un lugar nun mundo de homes durante a posguerra, cando entra a formar parte dos estudios Iwanami, produtora de filmes educativos e punto de encontro dos mellores documentalistas nipóns. En 1976, con Usuzumi no sakura, a cineasta independízase para producir as súas propias películas.
Ao longo dos máis de sesenta anos en activo, e cunha obra filmada que comprende máis de cen títulos, Haneda trata temas tan diversos como a preservación da natureza, as artes tradicionais, a desintegración do Xapón rural, o envellecemento da sociedade ou a celebración do traballo e da creatividade das mulleres. Coa atención como principal motor, na súa obra fílmase sempre coa mesma paixón, curiosidade e ética dos afectos.
Facéndose eco do estudo e do recoñecemento crecente cara á obra de Haneda, o ciclo propón un itinerario cronolóxico polas súas obras máis recoñecidas que son, maioritariamente, aínda inéditas no noso país.
Ciclo organizado por: Fundación Japón.
Co apoio de: National Film Archive of Japan (NFAJ).
En colaboración con: Filmoteca de Catalunya, Círculo de Bellas Artes (Madrid), Institut Valencià de Cultura.
Agradecementos: Lumière, Punto de Vista, Il Cinema Ritrovato, Clément Rauger, Moe Shuji, Francisco Algarín, Irene González-López.
![Children in the Classroom [Nenos na escola]](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/jiao_shi_nozi_domotati_01.jpg?itok=1HWwdahv)
Children in the Classroom [Nenos na escola]
![The Cabbage Butterfly [Bolboretas da col]](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/monshirocho.jpg?itok=FwT_iMSo)
The Cabbage Butterfly [Bolboretas da col]
![Akiko: Portrait of a Dancer [Akiko, retrato dunha bailarina]](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/akiko_06.jpg?itok=jrcvZSw8)
Akiko: Portrait of a Dancer [Akiko, retrato dunha bailarina]
![Ode to Mount Hayachine [Oda á montaña Hayachine]](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/zao_chi_feng_nofu_08.jpg?itok=_oKIWt4e)