![Women’s College in the Village [Unha escola feminina na aldea]](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/womens_college_in_the_village.jpg?itok=1zATRMte)
Women’s College in the Village [Unha escola feminina na aldea]
Mura no fujin gakkyû / 村の婦人学級
- 25 min.
Estrea de Haneda como directora, que a converte na primeira documentalista xaponesa de posguerra. Encomenda do Ministerio de Educación co obxectivo de substituír a imaxe tradicional e militarista anterior pola de “nais democráticas” a través da filmación das novas escolas para mulleres. Incorpora unha perspectiva de xénero inédita no método documental dos estudios Iwanami.
Material de apoio para o subtitulado a cargo de Il Cinema Ritrovato.
-
Ampliar os afectos. O cine de Sumiko Haneda
Children in the Classroom [Nenos na escola]
Women’s College in the Village [Unha escola feminina na aldea]
Dedicated Treasures of Horyuji-Temple [Tesouros consagrados do templo Hôryû-ji]
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Presentación do ciclo con Francisco Algarín e Irene González-López, comisarios. Entrada de balde. Proxección DCP/35mm.
- Ano:1957
- Países de produción: Xapón
- Produtora(s): Iwanami Productions
-
Contribucións de Sumiko Haneda á escola documental de Iwanami: 'Mura No Fujin Gakkyu' ('Escola de mulleres na aldea')
Marcos Centeno-Martin (Lumière. Especial Sumiko Haneda)
-
Hasta que se filmó 'Mura no fujin gakkyu' ('Escola de mulleres na aldea')
Sumiko Haneda (Lumière. Especial Sumiko Haneda)
Como Haneda Sumiko cambiou o panorama cinematográfico xaponés
Ren Scateni (ArtReview)
En 1950, a editorial xaponesa Iwanami Shoten comezou a producir películas de non ficción e fundou Iwanami Productions para traballar en proxectos documentais educativos e de divulgación para o cinema e a televisión. Grazas ao traballo pioneiro de Hani Susumu, un dos novos cineastas do estudio, cuxos Children in the Classroom (1954) e Children Who Draw (1955) marcaron un fito conceptual na historia do documental xaponés, o estilo cinematográfico de Iwanami axiña se asociou a unha acentuada conciencia subxectiva e á espontaneidade. O rexeitamento de Hani ás escenas preparadas en favor dunha relación máis próxima cos seus suxeitos marcou unha ruptura nos modos do cinema didáctico en Xapón, que fomentaba a observación sen prexuízos e un esforzo continuo por manter a subxectividade dos participantes en primeiro plano.
A obra de Haneda Sumiko pode adscribirse ao mesmo marco. Inxustamente esquecidas en Occidente, as súas películas están a ser agora redescubertas. (…) Nada en 1926 en Dalian, a cidade máis meridional de Manchuria, Haneda incorporouse a Iwanami Productions en 1950; traballou primeiro como editora da Fototeca Iwanami (1950-58) -unha publicación que servía de plataforma de formación para os novos cineastas do estudio- e como axudante de dirección uns anos máis tarde. Non foi ata 1957 cando Haneda -unha das dúas únicas directoras en activo de Iwanami, xunto con Tokieda Toshie- foi convidada a dirixir a súa primeira película, Women's College in the Village. Rodada nunha aldea da prefectura de Shiga, a película foi concibida como parte dun proxecto educativo gobernamental, para o que, tanto o Ministerio de Educación (que financiou o proxecto) como Iwanami, sen dúbida ningunha, asumiron que Haneda debía dirixir por ser muller. Women's College in the Village mostra os nenos facendo os seus deberes dunha maneira non escenificada, similar á das películas de Hani, pero tamén examina a paisaxe social máis ampla e a súa dinámica de traballo doméstico e agrícola. Combinando un estilo verité con estampas elaboradas en que os personaxes executan xestos extraídos da vida cotiá, a película centra notablemente a atención nas mulleres, que teñen a oportunidade de falar por si mesmas. A pesar da restritiva práctica do estudio de asignar proxectos aos cineastas, que limitan así a súa liberdade para perseguir os seus intereses creativos, é posible detectar, entretecidos na textura da película, os temas que Haneda seguiría examinando ao longo da súa longa e prolífica carreira. Xunto á exploración dun Xapón rural en vías de desaparición -ampliada en películas posteriores como The Cherry Tree with Gray Blossoms (1977) e Ode to Mt Hayachine (1982), ambas debedoras da exhaustiva comprensión e proximidade de Haneda ao espazo profílmico-, a atención da cineasta á muller e o seu papel dentro da sociedade adoita estar integrada nas súas últimas producións.