Children in the Classroom [Nenos na escola]
Kyôshitsu no kodomotachi: gakushû shidô e no michi / 教室の子供たち -学習指導への道
- 30 min.
Primeiro traballo de Susumu Hani sobre o mundo infantil, en que materializa as súas teorías sobre capturar o universo interno de “protagonistas que non actúan”. Inicia toda unha corrente documental de posguerra continuada por Sumiko Haneda, que aparece aquí como axudante de dirección. Rexeitada polo Ministerio de Educación xaponés, que a encargara, pero premiada en Xapón e no Festival de Berlín.
-
Ampliar os afectos. O cine de Sumiko Haneda
Children in the Classroom [Nenos na escola]
Women’s College in the Village [Unha escola feminina na aldea]
Dedicated Treasures of Horyuji-Temple [Tesouros consagrados do templo Hôryû-ji]
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Presentación do ciclo con Francisco Algarín e Irene González-López, comisarios. Entrada de balde. Proxección DCP/35mm.
- Ano:1954
- Países de produción: Xapón
- Guión: Susumu Hani
- Fotografía: Shizuo Komura
- Produtora(s): Iwanami Productions
-
Entrevista con Susumu Hani (en inglés)
Por Alexander Jacoby e Rea Amit (Midnight Eye)
Declaracións sobre o filme
Sumiko Haneda
Hani empezou a traballar en Kyoshitsu no kodomotachi xusto na época na que as cámaras Arriflex comezaban a usarse, e empregou unha Arriflex con lentes de teleobxectivo. Fíxoo porque se a cámara estaba preto, a persoa filmada poñíase nerviosa e excitada, polo que rodaba desde a distancia, sen que a cámara fose unha ameaza; filmaba as persoas dunha forma máis natural. Utilizamos este método en Kyoshitsu no kodomotachi e filmamos os nenos cunha cámara que levamos á clase connosco. Puidemos filmar os nenos como eran, na súa actuación natural. Ese tipo de naturalidade, esa especie de non artificialidade non se vira antes nos documentais feitos en Xapón. Por suposto había naturalidade nas películas novas, pero só consistía en persoas correndo e gritando algo que estaba a suceder… Nesa época era simplemente natural que a xente ignorase a cámara, pero nunca antes se capturarara a vida cotiá da xente de maneira natural, sen ningunha posta en escena. Na época, todo o mundo era así. Os documentais británicos, e de feito calquera documental, estaba feito dese xeito. Como estudaramos os documentais británicos, era o único método que coñeciamos. Por iso Hani escolleu un método completamente diferente. A razón pola que puido facelo débese a que a compañía era nova, aínda había un sentido da aventura e da experimentación, pero tamén porque Hani ocupaba un lugar especial na empresa, polo que, basicamente, déronlle carta branca. Dábase por feito que no cinema xaponés non estaba permitido desviarse da forma común de facer películas. Noutras palabras, había unha opinión establecida, unha regra establecida en canto ao que era o «cinema» e como se debía facer. E se alguén non seguía esa regra, chamábaselle «incompetente», «inexperto», «inútil», «inepto», cousas así. Como moitos directores temían eses comentarios e críticas, e podían ser boicoteados polos seus equipos por facelo, nunca se atrevían a experimentar. Pero debido á súa posición, Hani puido facelo. Aínda así, cando se filmou Kyoshitsu no kodomotachi, a xente dicía cousas como: «Se se filma así, non haberá maneira de montala». Ao final resultou ser unha gran película. Kyoshitsu no kodomotachi causou bastante sensación, e mesmo recibiu unha boa crítica en Kinema Junpo. Converteuse nun trampolín na carreira de Hani.
(Extracto de Entretiens, témoignages, commentaires, por Teresa Marcos e Ricardo Matos Cabo, revista Débordements, outubro 2022).