
No pasaran!
- 87 minutos
Concibido como suma dos principais acontecementos bélicos, este documental de montaxe está estruturado en catro secuencias, ordenadas arredor de senllos conceptos fundacionais da mitoloxía franquista: a España tradicional; a España “roxa”; a “reconquista”; a predestinación da vitoria. A terceira e máis longa secuencia é atravesada polo fío vermello da representación do inimigo. Trátase do capítulo máis contraditorio do documental, o que presenta continuos descoidos comunicativos na banda visual, descoidos que a banda sonora, en parte perdida, seguramente multiplicaría.
- Ano:1939
- Países de produción: Italia