Woman Was the Sun—The Life of Hiratsuka Raicho [A muller era o Sol: a vida de Raichô Hiratsuka]
Hiratsuka Raichô no shôgai / 元始、女性は太陽であった 平塚らいてうの生涯
Raichô Hiratsuka
- 140 min.
Tributo a unha figura fundamental na historia do feminismo en Xapón: a escritora, xornalista e activista política Raichô Hiratsuka (1886-1971).
Hiratsuka ocupou unha posición de lideranza nos movementos e nas publicacións polos dereitos das mulleres no Xapón de principios do século XX e o seu traballo exerceu un papel esencial na configuración do movemento feminista no país: desafiou o statu quo e influenciou xeracións sucesivas de feministas.
A película de Haneda non é só un relato biográfico da vida de Hiratsuka, senón tamén unha exploración reflexiva do contexto sociocultural da época e do movemento feminista xaponés.
- Ano:2001
- Países de produción: Xapón
- Fotografía: Kikumatsu Soda
- Produtora(s): Jiyu Kobo
-
Las voces de 'Hiratsuka Raichô no shôgai'
Entrevista a Hiratsuka Raicho (Lumière. Especial Sumiko Haneda)
Hiratsuka Raicho: pioneira do movemento de liberación da muller no Xapón moderno
Nakajima Kuni (Journal of Japanese Trade & Industry, xullo-agosto, 2003)
Hiratsuka Raicho (1886-1971) -o seu verdadeiro nome era Okumura Haru- é amplamente coñecida como unha figura fundamental na historia do movemento de liberación da muller no Xapón moderno.
Tras a súa morte, co obxectivo de mellorar a condición social da muller, celebrouse en Ciudad de México en 1975 a primeira Conferencia Mundial do Ano Internacional da Muller, ano designado polas Nacións Unidas como Ano Internacional da Muller. Na conferencia, a delegada xaponesa Fujita Taki (expresidenta do Isuda College) citou as primeiras liñas do manifesto de Raicho no primeiro número de Seito, a revista que fundou en 1911: «No principio, a muller era o Sol. Era unha persoa auténtica». Ao dicir que a muller nos albores da historia da humanidade era o Sol, Raicho estaba a instar ás mulleres para reflexionaren sobre o que fora delas. As participantes na conferencia adoptaron por unanimidade o «Plan de Acción Mundial», que se centraría na igualdade, o desenvolvemento e a paz desde o punto de vista da muller, e desexaban firmemente devolver a muller ó seu aspecto orixinal.
(…) De moza, Raicho coñecera o zen. Sostivéraa ao longo dos anos e proporcionáralle momentos de tranquila reflexión e valor ante a adversidade. O seu obxectivo era lograr a paz mundial a través de movementos antibelicistas. Os seus escritos recompiláronse en sete volumes, Collected Works of Hiratsuka Raicho (Otsuki Shoten Publishers; tamén hai un suplemento). Unha directora pioneira, Haneda Sumiko, realizou un documental, WOMAN WAS THE SUN: The Life of Hiratsuka Raicho, financiado por moitas persoas que desexaban deixar constancia da vida de Raicho.
Logo de que se proxectou por primeira vez na primavera de 2001, recibiu numerosos premios. En resposta ás peticións do estranxeiro, na primavera de 2003 completouse unha versión en inglés.