Raymond Depardon
Do 1 de setembro de 2007 ao 30 de setembro de 2007
En colaboración coa Alianza Francesa da Coruña.
Prestixioso fotógrafo e documentalista nado en Francia en 1942, Raymond Depardon, ao que o CGAI lle dedica por segunda vez un ciclo, é membro da axencia Magnum, ex director artístico do festival de Arles e autor dunha obra documental que progresa con suma coherencia desde a década dos setenta e que, articulada en distintas direccións, posúe varios compoñentes comúns. Depardon elabora toda unha serie de particulares retratos de personaxes vinculados á vida política e cultural francesa, ao tempo que rexistra e analiza as institucións e lugares da súa vida pública (cárceres, psiquiátricos, tribunais,...). Non exento de aproximacións en clave memorialística, autobiográfica e moi persoal a episodios da súa vida e traxectoria profesional, a recente edición videográfica en España dalgúns dos seus títulos e a prolongación da súa obra nalgunha das sólidas e apaixonantes liñas de traballo abertas —na actualidade prepara ou perfila unha terceira aproximación ao mundo rural, dentro da serie de películas “Profil paysans”: Profils paysans: la vie moderne (2007)—, certifican a solidez e talento que impregnan o seu percorrido. A través das películas que veremos nesta retrospectiva pódese establecer unha división temática dos traballos presentes en tres bloques: o mundo rural (os dous capítulos de Profils paysans e a curta Quoi de neuf au Garet?), o ámbito xudicial (Délits flagrants e 10ème Chambre. Instants d´audiences) e o mundo do xornalismo e os reporteiros (Reporters, a autobiográfica Les années déclic e 1974, une partie de campagne).

PROFIL PAYSANS: L´APPROCHE

QUOI DE NEUF AU GARET?

PROFIL PAYSANS: LE QUOTIDIEN

DÉLITS FLAGRANTS

LES ANNÉES DÉCLIC

10ème CHAMBRE, INSTANTS D´AUDIENCES

REPORTERS
