![QUOI DE NEUF AU GARET? QUOI DE NEUF AU GARET?](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_992.jpg?itok=DD46mGbR)
QUOI DE NEUF AU GARET?
Raymond Depardon, 2004
10´. Subtítulos en castelán.
QUOI DE NEUF AU GARET?
(Francia, 2004)
Dirección, guión e fotografía: Raymond Depardon. Produción: Palmeraie et Désert. Duración: 10 minutos.
De procedencia campesiña, Raymond Depardon vén deste lugar, a granxa do Garet, hoxe en venda. En dez minutos, o cineasta e reporteiro fai homenaxe a esta casa, as súas granxas, as súas cortes, os lugares que o viron crecer, así como a seus pais. Amosa planos fixos das construcións e unha entrevista con Jean, seu irmán agricultor xa xubilado. Ningún dos dous parece estar moi cómodo...