Dog Star Man
- 75 minutos
Posiblemente a película máis coñecida de Stan Brakhage, da que existe unha versión extendida, The Art of Vision (programada nesta mesma serie, en maio de 2016). Para Fred Camper, Dog Star Man é “unha película sobre todo o universo” na que as imaxes oscilan entre o telescópico (o sol, a luna) e o microscópico (as veas, as células). O personaxe central, ese “Dog Star Man” do título, está interpretado polo propio cineasta.
Realizada ao longo de catro anos, a película divídese en cinco partes: Preludio (1961, 25’), Parte 1 (1962, 31’), Parte 2 (1963, 5’), Parte 3 (1964, 8’) e Parte 4 (1964, 6’).
-
Desencadres: Stan Brakhage
Dog Star Man
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presentación: Pablo Marín. Entrada de balde.
- Ano:1961-1964
- Países de produción: Estados Unidos