
Cuentos de la luna pálida
雨月物語
Machiko Kyô, Mitsuko Mito, Kinuyo Tanaka, Masayuki Mori, Eitarô Ozawa, Eigoro Onoe, Ichisaburo Sawamura, Ryôsuke Kagawa, Sugisaku Aoyama
- 97 minutos
Xapón, século XVI. Afectados por unha guerra civil, un ceramista e un campesiño deben emigrar á cidade coas mulleres. O primeiro cae perdidamente namorado dunha princesa, mentres o segundo tenta converterse en samurai.
-
-
-
Cineclube Pontevedra
Cuentos de la luna pálida
-
Cineclube Valle-Inclán
Cuentos de la luna pálida
-
Cineclube Padre Feijoo
Cuentos de la luna pálida
-
Cineclube Padre Feijoo
Cuentos de la luna pálida
-
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
Cuentos de la luna pálida
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP -
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
Cuentos de la luna pálida
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP -
Kenji Mizoguchi
Cuentos de la luna pálida
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Proxección previa da serie O Carrabouxo (Lhosca Arias, 1998), capítulos XIII-XVI.
-
Kenji Mizoguchi
Cuentos de la luna pálida
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Proxección previa da serie O Carrabouxo (Lhosca Arias, 1998), capítulos XIII-XVI.
-
- Ano:1953
- Países de produción: Xapón
- Guión: Yoshikata Yoda, Matsutaro Kawaguchi
- Fotografía: Kazuo Miyagawa
- Montaxe: Mitsuzô Miyata
- Produtora(s): Daiei
-
Cuentos de Mizoguchi
Reportaxe de Javier Sales en Días de Cine (La2) coa ocasión do 60º aniversario do filme.
The John Ford of Japan
Entrevista de Studio Malaparte (Xapón, 2009) ao cineasta español Víctor Erice sobre a obra de Mizoguchi, con especial atención a Cuentos de la luna pálida, El intendente Sansho e Los amantes crucificados.
Ugetsu monogatari
Akira Iwasaki
O tema desta película atopouno na novela de Akinari Ukeda Ugetsu Monogatari, recompilación de contos fantásticos, sobre pantasmas e supersticións, inspirados nas antigas lendas chinesas. Mizoguchi que, dende había tempo, quería facer unha película reunindo varias supersticións nunha soa historia, conseguiu obter o acordo do presidente da Sociedade Daiei para tratar este tema. Con esta finalidade, reuniu dous contos da recompilación: o primeiro, titulado “A serpe femia”, narraba o encontro dun home coa personificación dunha serpe; o segundo, “A casa de Asaji”, relataba a historia dun campesiño que abandona a súa muller, moi querida, para ir vender seda a Quioto. Debido á guerra, permaneceu ausente durante sete años sen ter novas da súa muller. Mais á súa volta, a muller agardara por el; pasan a noite na alegría do seu reencontro. Ao día seguinte, non hai ninguén, só hai campo ao seu redor, pasara a noite coa pantasma da súa muller. Mizoguchi combinou estes dous relatos. O seu plan consistía en narrar unha traxedia no corazón da guerra.
Cando pediu escribir o guión ao seu guionista, Yoshikata Yoda, díxolle: “Non quero unha simple historia de pantasmas, quero un tipo de misterio fondo, grande e matizado. Non me gusta mostrar de forma directa nin as miserias da guerra nin as ideas”. Con esforzos e logo de moitas dificultades, Yoda acabou o guión. (…) Se Mizoguchi retratou marabillosamente o mundo fantástico do castelo en ruínas, o mundo real da guerra no século XVI rompe, en cambio, a unidade da película e desconcerta o espectador.
Akira Iwasaki (crítico), en Anthologie du Cinéma, novembro, 1967