PROFIL PAYSANS: LE QUOTIDIEN
Raymond Depardon, 2004
93´. Subtítulos en castelán.
PROFIL PAYSANS: LE QUOTIDIEN
(Francia, 2004)
Dirección, guión e fotografía: Raymond Depardon. Produción: Canal Plus e Palmeraie et Désert. Duración: 83 minutos.
Segundo capítulo da triloxía sobre os campesiños, coincidimos, catro anos despois, cos mesmos agricultores, agora coas granxas convertidas en segundas residencias debido a que poucos mozos toman o relevo das explotacións con novos cultivos. Depardon volve atrapar a vida e, sen empregar ningún tipo de efecto, roda a diversos personaxes de actitude púdica (Marcel o calado, Paul o solitario, a digna Marcelle ou Alain o mozo casadeiro). A película resulta conmovedora precisamente porque atrapa o tempo fuxidío e ofrece a nosa mirada á imaxe do que ignoramos cando cremos coñecelo.