
Atacama
Mariajesus Foix, Jose Miguel Ceardi, Luciano Farías
- 69 minutos
O deserto de Atacama, o lugar máis árido do mundo, é onde catro vidas converxen.
Nicolás, un urbanita que volta a unha pequena aldea no deserto para o funeral de seu pai e para tentar estar en paz con el, malia a súa morte.
Facundo, un mineiro que vive o día a día tratando de sobrevivir, a súa teima con materiais preciosos afecta a súa saúde física e mental e lévao a lados escuros.
Brisa, una astrónoma que traballa no laboratorio de radiotelescopios ALMA, está perdida, séntese soa, e está na procura de alguén.
Luis Felipe, logo de estar anos buscando un tesouro soterrado nun antigo campo de concentración de Pinochet finalmente ve luz ao final do túnel.
Atacama é o lugar onde se encontran e as cousas non saen ben para ningún deles.
Proxéctase coa curtametraxe: Hopes (Raúl Monge, 2019) 10’ España.
-
FKM 2019. Festival de Cinema Fantástico da Coruña
Atacama
Sen límites/Concurso Internacional de Longametraxes. Presentación. Entrada gratis
- Ano:2019
- Países de produción: México
- Guión: Enrique R. Bencomo, Fernando R. Bencomo, David Alonso