1974, UNE PARTIE DE CAMPAGNE
Raymond Depardon, 2002
90´. Subtítulos en castelán.
1974, UNE PARTIE DE CAMPAGNE
(Francia, 2002)
Dirección, guión e fotografía: Raymond Depardon. Produción: Palmeraie et Désert. Duración: 90 minutos.
En 1974, Valery Giscard d’Estaing, ministro de Economía e Finanzas francés, lanza unha campaña presidencial ao “estilo americano”. Depardon segue ao elegante candidato presidencial por todas as partes: ata ao seu Citroën DS, ao seu helicóptero, ás súas reunións co equipo de campaña, mitins, incluso á súa oficina mentres, só, agarda os resultados da segunda rolda. O autor capta así intres únicos e históricos da clase política francesa.