
10ème CHAMBRE, INSTANTS D´AUDIENCES
Raymond Depardon, 2004
106´. Subtítulos en castelán.
10ème CHAMBRE, INSTANTS D´AUDIENCES
(Francia, 2004)
Dirección e guión: Raymond Depardon. Fotografía: Justine Bourgade, Fabienne Octobre e Raymond Depardon. Produción: France 2 Cinéma e Palmeraie et Désert. Duración: 106 minutos.
Depardon filma entre maio e xullo de 2003 as audiencias da 10ª Sala do Penal de París. Doce casos seleccionados que recompilan de modo intenso e minucioso historias moi diferentes e sempre o mesmo desexo expreso de investigación, obxectividade, asumindo a forte presenza da propia posta en escena (cerimonial, anquilosada, intimidatoria) do sistema xudicial.