PROFIL PAYSANS: L´APPROCHE
Raymond Depardon, 2001
88´. Subtítulos en castelán.
PROFIL PAYSANS: L´APPROCHE
(Francia, 2001)
Dirección e guión: Raymond Depardon. Fotografía: Beatrice Mizrahi e Raymond Depardon. Produción: Canal Plus e Palmeraie et Désert. Duración: 88 minutos.
Durante dez anos Raymond Depardon segue o proceso de evolución da vida agrícola en diversos lugares de Francia. Concibido como un conxunto de filmes independentes co nexo rural, neste primeiro abrimos as portas de varias explotacións familiares formadas por novos agricultores, xubilados solteiros e parellas de clase humilde. Depardon transmite a súa percepción ante estas pequenas granxas situadas nas rexións de Lozère, Alto Saona, Ardèche e Alto Loira realizando un cine tratado como arte do tempo, da paciencia e do rexistro das pisadas deixadas polos homes.