
DÉLITS FLAGRANTS
Raymond Depardon, 1994
109´. Subtítulos en castelán.
DÉLITS FLAGRANTS
(Francia, 1994)
Dirección e guión: Raymond Depardon. Fotografía: Nathalie Crédou. Produción: Double D Copyright Films e La Sept Cinéma. Duración: 109 minutos.
Seguimento de varios procesos completos, referidos a individuos detidos en “flagrante delicto”. Estendida a súa filmación durante cinco semanas, unha cámara estática penetra nos recunchos da vida xudicial, amosando as relacións de poder e as circunstancias e condicións de vida dos seus protagonistas. Un dos traballos de Depardon con maior repercusión, co que obtén premios en Vancouver e Amsterdam (Premio Joris Ivens) e o César ao mellor documental en 1995.