Barren Illusions
Ôinaru gen'ei / 大いなる幻影
Shinji Takeda, Miako Tadano, Tarō Suwa, Naoki Yamamoto, Yasui Yutaka, Masamichi Matsumoto, Akiko Ohku, Shinji Aoyama
- 94 min.
Os mozos Haru (produtor musical) e Michi (traballadora nunha empresa de mensaxería) tentan soportar unha relación amorosa na sociedade distópica na que viven. Nela, os seres humanos son presa do fastío e incapaces de mostrar os seus verdadeiros sentimentos se non é por medio da violencia, a tolemia e o odio.
Foto ©Euro Space, The Film School of Tokyo
-
Kiyoshi Kurosawa: A vinganza da soidade
Barren Illusions
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Entrada de balde.
- Ano:1999
- Países de produción: Xapón
- Guión: Kiyoshi Kurosawa
- Fotografía: Takahide Shibanushi
- Montaxe: Masahiro Onaga
- Produtora(s): Eurospace, Film School of Tokyo, Japan Sky Way
Crítica do filme
Derek Elley (Variety, ano 2000)
(…) xusto cando as longas tomas e os diálogos monosilábicos empezan a resultar pesados, e o discreto humor se esgota, Kurosawa empeza a remover o caldo. Unha muller espectral aparécese ante Michi e dille: «Por que ninguén fai nada?», lembrando a terrible advertencia («Restablecede as regras do mundo») que fai o secuestrador ao principio de Charisma, tamén de Kurosawa. De súpeto, un dáse de conta de que «Illusions» é esencialmente unha continuación desa película anterior, pero posterior ao milenio, en lugar de anterior: a sociedade humana aínda non o entendeu e segue desfasada con respecto ao mundo natural. (…)
Nalgúns aspectos, a película é a versión de Kurosawa de «Pierrot le fou», coa que os paralelismos se fan máis evidentes a medida que avanza a trama. A película de Godard tiña a enerxía brillante dos anos 60 e era unha parodia evidente, pero a evolución da parella romántica de ambas as películas é a mesma: fuxir dunha vida e unha sociedade desarticuladas para tentar atopar unha especie de utopía xunto ao mar. Kurosawa tamén engade a súa propia mensaxe: no amor, como na vida, a acción positiva é a única alternativa a un longo e lento esvaecemento cara á perda e a destrución.
Cun orzamento reducido pero ben confeccionada, a película foi rodada en parte por estudantes da Escola de Cinema de Toquio, onde Kurosawa imparte clases desde a súa inauguración hai dous anos.