
O século do Eu. Episodio 2: Enxeñería do consentimento
The Century of the Self. Episode 2: The Engineering of Consent
- 59 minutos
Ao termo da Segunda Guerra Mundial, o goberno americano pregúntase como foi posible o nazismo e chega á conclusión de que é o resultado de non reprimir os desexos íntimos máis escuros do ser humano. Para previr que isto aconteza, proponse crear un sistema que busque a felicidade dos seus cidadáns e fortaleza a democracia e a cohesión social, ao tempo que alimente o consumo do país e faga que a economía medre. Atopan nas teorías de Freud sobre o subconsciente unha base para chegar á mente dos seus compatriotas. Segunda parte da serie O século do Eu.
- Ano:2002
- Países de produción: Reino Unido
Este episodio estuda o feito de que os que estaban no poder na América de posguerra usaron as ideas de Freud sobre o subconsciente para intentar controlar as masas.
Políticos e proxectistas chegaron a crer a premisa subxacente de Freud, que cada ser humano agocha perigosos e irracionais desexos e medos. Estaban convencidos de que foi o despregue deses instintos o que levou á barbarie da Alemaña nazi. Para previr que volvese acontecer propuxéronse atopar formas de controlar este inimigo agochado na mente humana.
A filla de Sigmund Freud, Anna, e o seu sobriño, Edward Bernays, proveron a filosofía central. O goberno dos Estados Unidos, as grandes corporacións e a CIA usaron as súas ideas para desenvolveren técnicas que lograsen controlar as mentes do pobo americano. Mais non se trataba dun cínico exercicio de manipulación. Os que ostentaban o poder crían que a única maneira de manter a democracia e crear estabilidade social era reprimir o salvaxe barbarismo que pululaba baixo a superficie de americanos cunha vida normal.
Just Adam Curtis