![O século do Eu. Episodio 1: Máquinas de felicidade](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/09_century_of_the_self_1_museo_reina_sofia.jpg?itok=CLRkTzCi)
O século do Eu. Episodio 1: Máquinas de felicidade
The Century of the Self. Episode 1: Happiness Machines
- 57 minutos
Primeiro capítulo dunha serie en que Curtis estuda as técnicas de manipulación das masas. Comeza centrándose nas teorías de Freud que serviron ao seu sobriño Edward Berbays para crear un sistema que identificaba os desexos do ser humano e intentaba satisfacelos mediante o consumo.
- Ano:2002
- Países de produción: Reino Unido
A historia da relación entre Sigmund Freud e o seu sobriño americano, Edward Bernays. Bernays inventou a profesión das relacións públicas nos anos vinte e foi a primeira persoa en tomar as ideas de Freud para manipular as masas. Ensinoulle ás corporacións americanas como podían facer que a xente quixese cousas que non precisaban ao ligar sistematicamente bens producidos en masa aos seus desexos subconscientes.
Bernays foi un dos principais arquitectos das técnicas modernas da persuasión no consumo de masas. Empregou cada truco que considerou posible: dende a presentación de famosos ata o uso de esculturas de corte publicitario ou a erotización do automóbil.
O seu golpe máis notorio foi rachar o tabú das mulleres fumadoras ao persuadilas de que os cigarros eran un símbolo de independencia e liberdade. Mais Bernays estaba convencido de que isto era algo máis que un modo de vender bens manufacturados. Tratábase dunha nova idea política de control de masas. Ao satisfacer os desexos irracionais máis profundos que o seu tío identificara, podíase conseguir a felicidade da xente e, así, facela dócil.
Foi o inicio da era do autoconsumismo que acabou por dominar o mundo de hoxe.
Just Adam Curtis