
Corazón salvaje
Wild at Heart
Nicolas Cage, Laura Dern, Diane Ladd, Willem Dafoe
- 125 min.
Contestada Palma de Ouro en Cannes, que provocou críticas furibundas. Quizais o argumento dun presidiario que escapa coa súa moza a California mentres a súa sogra contrata un asasino a soldo para darlle caza e quitalo do medio non convenceu a algúns –curiosamente, no mesmo ano en que os irmán Coen arrasaban coa súa posmoderna Muerte entre las flores–. Que reo e sicario estivesen interpretados por uns desenfreados Nicolas Cage e Willem Dafoe sen dúbida non axudou a acalar as voces máis acomodaticias. O filme é unha viaxe psicotrónica, unha road-movie en toda regra, que foxe deliberadamente de toda convención. Máis aló da polémica inicial, hoxe é obra de culto.
- Ano:1990
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: David Lynch (Novela: Barry Gifford)
- Fotografía: Frederick Elmes
- Montaxe: Duwayne Dunham
- Produtora(s): Polygram Filmed Entertainment, Propaganda Films