
REPORTERS
Raymond Depardon, 1981
90´. Subtítulos en castelán.
REPORTERS
(Francia, 1981)
Dirección, guión e fotografía: Raymond Depardon. Produción: Pari Films. Duración: 90 minutos.
Filmación na axencia fotográfica Gamma (o cineasta é un dos fundadores) do seu mundo de procedencia: os fotógrafos de prensa e os paparazzi. Plasmación do seu lado laborioso, ingrato, cínico, cos seus códigos, regras, humor e ousadías. Horas de espera para roubar unha foto de Carolina de Mónaco ou Richard Gere, unha visita de Chirac a pequenos comerciantes ou unha rolda de prensa do humorista Coluche. A través da vida dos fotógrafos, movidos por distintas paixóns pero na procura da imaxe simbólica dun instante, Depardon consegue captar unha arrepiante vida política e mundana. Premio César ao mellor documental en 1982.