Ventos do Leste: Os Novos Cines nos países socialistas europeos (1955-1975) (e II)
Do 1 de xaneiro de 2007 ao 31 de xaneiro de 2007
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Gijón, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca Española.
Finalizamos o ciclo dedicado ás cinematografías do Leste de Europa durante os anos 60 e 70, coa proxección dunha selección de brillantes traballos de autores ben coñecidos como Tarkovski, Wajda ou Skolimowski, e tamén cineastas que representan unha auténtica sorpresa para o espectador contemporáneo, desde o romanés Lucian Pintilié ata o iconoclasta iugoslavo Dusan Makavejev. O ciclo compleméntase coa publicación “Vientos del Este. Los nuevos cines en los países socialistas europeos. 1955-1975“, sexta entrega deste ambicioso proxecto, unha vez máis editado polo Festival Internacional de Cine de Gijón, IVAC-La Filmoteca de Valencia, Filmoteca Española e o CGAI, cuxa presentación, a cargo dos seus coordinadores e editores, terá lugar no CGAI o día 26 deste mesmo mes.
Agradecementos: Filmoteca Narodowa (Polonia), Helena Dametka, Polish Film Institute (Polonia), Sue Jones, Andrew Youdelle, British Film Institute (Gran Bretaña), Magyar Filmunio (Hungría), Márta Bényel, Pierre Grise, Arkeion (Francia), Monique Gailhard, Séptimo Arte.

EL MANUSCRITO ENCONTRADO EN ZARAGOZA

SEÑAS DE IDENTIDAD DESCONOCIDAS

TRENES RIGUROSAMENTE VIGILADOS

CENIZAS Y DIAMANTES

CUERNO DE CABRA

LA PASAJERA

LA INFANCIA DE IVÁN

RECONSTRUCCIÓN

MADRE JUANA DE LOS ÁNGELES

LOS MISTERIOS DEL ORGANISMO

LA ESTRUCTURA DE CRISTAL
