TRENES RIGUROSAMENTE VIGILADOS
Jiri Menzel, 1966.
92´. Subtítulos en galego.
OSTRE SLEDOVANÉ VLAKY / TRENES RIGUROSAMENTE VIGILADOS (Checoslovaquia, 1966) Dirección: Jiri Menzel. Guión: Jiri Menzel e Bohumil Hrabal. Produción: Filmove Studio Barrandov (Praga). Fotografía: Jaromir Sofr. Intérpretes: Vladimir Valluta, Josef Somr, Vaclav Neckar. Duración: 92 minutos. Milos Hrma segue a tradición familiar e traballa nunha pequena estación de ferrocarril. O III Reich derrúbase, pero Checoslovaquia aínda está ocupada. Milos, mentres o amor xorde ao seu redor, combate os alemáns como pode, sabotando as súas comunicacións. Óscar á mellor produción estranxeira para esta peculiar fusión traxicómica de segmentos cotiáns case autónomos e ironía intelixente, famosa pola súa espontaneidade no tratamento do sexo.