Examen d'entrée INSAS - Chantal Akerman - 1967 - Bruxelles, film 1 & 2 / Knokke, film 1 & 2
- 16 minutos
Estas catro curtametraxes foron realizadas por Chantal Akerman no verán de 1967, en formato 8 mm estándar, en branco e negro e sen son, como parte das probas de acceso ao Instituto Superior das Artes do Espectáculo (INSAS) en Bruxelas, onde foi admitida (curso 1967-1968) e onde permaneceu apenas uns meses antes de abandonar os seus estudos.
Chantal Akerman filma en Bruxelas La Foire de Midi que cada verán se instala nos barrios do sur da cidade, así coma no patio do Hôtel de Clèves-Ravenstein, onde por casualidade, 50 anos máis tarde se crea a Fundación Chantal Akerman. Na costa belga, Marilyn Watelet, – a súa amiga de xuventude coa que nos anos 70 funda a produtora Paradise Films–, e a súa propia nai Natalia Akerman, son as protagonistas dunha pequena ficción en dúas partes que ten lugar nos comercios da cidade balnearia.
- Ano:1967
- Países de produción: Bélxica
- Guión: Chantal Akerman
- Produtora(s): INSAS