LA INFANCIA DE IVÁN
Andrei Tarkovski, 1962.
95´. Subtítulos en castelán. Presentación do libro “Vientos del Este” coa presenza dos seus coordinadores, Carlos Losilla e José Enrique Monterde, e os editores José Antonio Hurtado (IVAC-La Filmoteca) e José Luis Cienfuegos, director do Festival Internacional de Cine de Gijón. Entrada gratuíta.
IVANOVO DETSTVO / LA INFANCIA DE IVÁN (Unión Soviética, 1962) Dirección: Andrei Tarkovski. Guión: Vladimir Bogomolov e Mikhail Papava. Produción: Mosfilm. Fotografía: Vadim Jusov. Intérpretes: Nikolai Burijaev, Valentin Zubkov, Eugeni Zarikov. Duración: 95 minutos. No crepúsculo da dolorosa II Guerra Mundial, un rapaz de doce anos, Iván, é recollido polas tropas soviéticas. Orfo, mortos seus pais a mans dos nazis, xura vingar a súa morte. Así, Iván arríscase a diario, exercendo de espía nas liñas inimigas dentro da campaña de avance cara a Berlín. A presentación en sociedade dun dos directores máis admirados da historia. Defendida por Sartre, que a reivindica fronte á ortodoxia política e intelectual oficial como “surrealismo socialista”, unha obra poética e conmovedora que acada o León de Ouro en Venecia.