LA ESTRUCTURA DE CRISTAL
Krzysztof Zanussi, 1969.
77´. Subtítulos en galego.
STRUKTURA KRISZTALU / LA ESTRUCTURA DE CRISTAL
(Polonia, 1969)
Dirección e guión: Krzysztof Zanussi. Produción: Film Polski. Fotografía: Stefan Matyjaszkiewicz. Intérpretes: Barbara Wrzesinska, Andrzej Zarnecki, Jan Myslowicz. Duración: 77 minutos.
O reencontro entre dous amigos da universidade que foron levando existencias contrapostas, posibilita a Zanussi —probablemente o máis famoso cineasta católico—, expoñer algúns dos seus grandes temas: os dilemas interiores, as preocupacións morais, a ética e a soidade. Un excelente título, arroupado pola parodia das sociedades de consumo, que se complementa na súa filmografía coas excelentes “Vida familiar” (1971) e “Iluminación” (1975). Como curiosidade, nun pequeno papel intervén no inicio da súa traxectoria un dos grandes actores procedentes do Leste de Europa, Daniel Olbrychski.