![MADRE JUANA DE LOS ÁNGELES MADRE JUANA DE LOS ÁNGELES](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_790.jpg?itok=G-xZnWtc)
MADRE JUANA DE LOS ÁNGELES
Jerzy Kawalerowicz, 1961.
113´. Subtítulos en galego.
MATKA JOANNA OD ANIOLÓW/ MADRE JUANA DE LOS ÁNGELES
(Polonia, 1961)
Dirección: Jerzy Kawalerowicz. Guión: Tadeusz Konwicki e Jerzy Kawalerowicz. Produción: Polsky. Fotografía: Jerzy Wojcik. Intérpretes: Zygmunt Zintel, Leyna Winnicka, Jerzy Walden. Duración: 113 minutos.
Sor Juana de Los Angeles, prioresa dun convento, está posuída polo demo: profire blasfemias e incita sexualmente ao resto das monxas. A histeria colectiva leva a que as autoridades eclesiásticas decidan practicarlle un exorcismo. Relato dun vello caso de posesión demoníaca que Aldous Huxley xa novelara, o realizador de “Faraón” (1966) acada o Premio Especial do Xurado en Cannes recorrendo ás súas liñas de exploración principais: a análise dos lugares do poder e o sutil retrato psicolóxico.