ANDREI RUBLIEV
Andrei Tarkovski, 1966.
185´. Subtítulos en castelán.
STRASTI PO ANDREJU / ANDREI RUBLIEV
(Unión Soviética, 1966)
Dirección: Andrei Tarkovski. Guión: Andrei Tarkovski e Andrei Konchalovsky. Produción: Mosfilm. Fotografía: Vadim Yusov. Intérpretes: Anatoli Solonitsyn, Ivan Lapikov, Nicolai Grinko. Duración: 185 minutos.
Na Rusia do turbulento século XV, entre invasións tártaras e loitas internas entre príncipes, un monxe, Andrei Rublev, o “Giotto ruso”, famoso polas súas iconas, é chamado a Moscova para pintar os frescos da Catedral da Asunción do Kremlin. Percepción mística e lirismo impoñente, acusada polas autoridades soviéticas de revisionismo histórico, premio FIPRESCI en Cannes, os elementos que configuran a obra de Tarkovski, como lembraba Stan Brakhage, fúndense: a construción da épica dun modo persoal e a realización do traballo do soño na iluminación dos límites do inconsciente.