LA PASAJERA
Andrzej Munk, 1963.
63´. Subtítulos en castelán.
PASAZERKA / LA PASAJERA
(Polonia, 1963)
Dirección: Andrzej Munk (e Witold Lesiewicz). Guión: Andrzej Munk e Zofia Posmysz Piasecka. Produción: Film Polski, WFF Lodz. Fotografía: Krzystof Winiewicz. Intérpretes: Aleksandra Slaska, Anna Ciepielewska, Marek Walcewski. Duración: 63 minutos.
Liza fuxiu de Europa ao rematar a II Guerra Mundial. Volve despois de anos e no barco atopa entre os rostros o dunha muller que foi a súa prisioneira en Auschwitz. O filme póstumo do gran director polaco Munk, autor de “Un hombre en la vía“ (1956) e “Heroica” (1957), falecido en accidente de coche en 1961 aos 40 anos, foi acabado polo seu compatriota Lesiewicz, engadindo foto-fixa e unha voz en off. A capacidade de fascinación e a sutil recreación de estratexias da memoria engarzan coa rutilante modernidade dun Resnais ou un Marker, ofrecéndonos un precedente memorable da mediocre “Portero de noche” de Liliana Cavani.