![Douglas Sirk: os anos Detlef Sierck (1935-1937)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/full_width_breakpoints_theme_cgai_xs_1x/public/la_habanera_0.png?itok=vyzB_fCa×tamp=1685608654)
Douglas Sirk: os anos Detlef Sierck (1935-1937)
Do 13 de xuño de 2023 ao 30 de xuño de 2023
Antes de ser coñecido como Douglas Sirk, o autor de tantos e tantos suntuosos melodramas producidos pola Universal nos anos 50, asinou varias películas na súa Alemaña natal co seu nome auténtico, Detlef Sierck. Nacido en Hamburgo en 1897, Sierck traballou fundamentalmente no mundo do teatro, onde, nos anos da República de Weimar, dirixiu un centenar de obras nuns quince anos antes de dar o salto ao mundo do cine. Contratado pola UFA, entre 1935 e 1937 dirixiu sete longametraxes, algunha en versión dupla (xermano-holandesa nun caso, franco-xermana noutro).
Segundo Bernard Eisenschitz (en “De Detlef Sierch a Douglas Sirk” e comisario da retrospectiva que o Festival de Locarno e a Filmoteca Española lle dedicaron ao cineasta): “Sierck entrou no cine empurrado polo seu frenético ritmo de traballo; realizou sete longametraxes en tres anos. O mellor, La novena sinfonía, é un melodrama que leva xa o seu selo: unha pugna por un fillo, unha esposa infiel, a fascinación polos Estados Unidos, o espectáculo dentro do espectáculo e a presenza da música por medio do heroe, un director de orquestra. Por outro lado, deu a coñecer a estrela internacional que necesitaba Alemaña desde 1933, a cantante andróxina de voz grave Zarah Leander, nas dúas películas que definirían a súa imaxe La golondrina cautiva e La Habanera. Colleitou éxitos inmensos. Con todo, en 1937, Goebbels tomou o control da UFA, que en adiante estivo ao servizo do Estado nazi. Sierck comezou a recibir ataques porque a súa muller era xudía; antes de verse forzado a facelo polas ameazas, decidiu marcharse con ela. Sen apenas planificación e sen perspectivas concretas fronte ao seu exilio, ambos fuxiron de Alemaña nos últimos días de 1937.”
Agradecementos: Filmoteca de Catalunya, Filmoteca Española.
![No empieces nada en abril](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/april.jpg?itok=gKS-vxx3)
No empieces nada en abril
![La muchacha del páramo](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/hxpqtxnwnnajoapecg1jpjpomlv.jpg?itok=9E0f9Wp8)
La muchacha del páramo
![La novena sinfonía](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/la_novena_sinfonia_3.jpg?itok=j09TZQTZ)
La novena sinfonía
![PIlares de la sociedad](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/stuetzen_der_gesellschaft01211502.jpg?itok=QO8Tytlb)
PIlares de la sociedad
![La golondrina cautiva](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/la_golondrina_cautiva_4.jpg?itok=_zv_KUiY)
La golondrina cautiva
![La Habanera](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/la_habanera.jpg?itok=dhH3viEm)
La Habanera
![Concierto en la corte](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/concierto_en_la_corte-112891873-large.jpg?itok=aeQjjbwl)