La novena sinfonía
Schlussakkord
Willy Birgel, Lil Dagover
- 91 minutos
Unha muller nova que debeu abandonar o fillo para viaxar a Nova York cun innobre marido, que logo se suicida, regresa a Alemaña e é contratada como coidadora do que resulta ser o seu propio fillo. O neno fora adoptado por un famoso director de orquestra e a súa esposa adicta á astroloxía… O primeiro melodrama total de Sirk e un inmenso éxito comercial.
“Era a primeira vez no cine que prescindía do material literario. (…) A novena sinfonía supuña un cambio enorme con respecto ao meu traballo escénico. Mais ilustra moi ben a necesidade de valores cinematográficos, distintos aos valores literarios (ou escénicos). Tras as películas de Lagerlöf e Ibsen, necesitaba algo más kino, necesitaba volver ás miñas primeiras impresións do cine, ao melodrama, volver a aqueles primeiros días de infancia no Théatre Royal de Hamburgo e recuperar algo da atmosfera daquelas películas e da felicidade que me deron de neno. Decateime de que debía romper por completo co meu pasado teatral. Decateime de que o cine e o teatro son dous medios completamente diferentes antes xa de me pasar ao cine. Mais ao principio estaba terriblemente atado á literatura. A partir d' A novena sinfonía libereime dela e tratei de desenvolver un estilo cinematográfico.” (Jon Halliday, Douglas Sirk por Douglas Sirk)
-
Douglas Sirk: os anos Detlef Sierck (1935-1937)
La novena sinfonía
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP -
Douglas Sirk: os anos Detlef Sierck (1935-1937)
La novena sinfonía
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP
- Ano:1936
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Kurt Heuser, Detlef Sierck (Douglas Sirk)
- Fotografía: Robert Baberske
- Montaxe: Milo Harbich
- Produtora(s): UFA