No empieces nada en abril
April! April!
Carola Höhn, Albrecht Schoenhals, Charlotte Daudert
- 83 minutos
Un panadeiro que se fixo rico monta unha fábrica de pasta. Un amigo decide gastarlle unha broma e cóntalle que un barón vai visitar a fábrica. Chega un falso barón e é recibido con gran cerimonia. Só que tamén chega un barón auténtico…
“Varios dos papeis secundarios eran interpretados por xente coa que traballara no teatro (…). Willi Winterstein, o operador, era un bo técnico e resultou todo un adestramento moi útil para min. Cando acabei April coñecía a técnica do cine. E cando fixen Concierto en la corte coñecía a cámara e a iluminación. Hai unha cousa que di Cahiers du Cinema que me compracía moito sobre o modo en que a miña cámara se convertía nun personaxe. Eu teño unha cámara moi móbil, mentres que algúns directores, como Ford e Hawks, poden traballar cunha cámara case fixa.” (Jon Halliday, Douglas Sirk por Douglas Sirk)
-
Douglas Sirk: os anos Detlef Sierck (1935-1937)
No empieces nada en abril
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP
- Ano:1935
- Países de produción: Alemaña
- Guión: H. W. Litschke, Rudo Ritter
- Fotografía: Willy Winterstein
- Produtora(s): UFA