Warrah
- 15 minutos
Filmada na rexión costeira do río Hawkesbury, ao norte de Sydney, Warrah presenta a complexa ecoloxía da flora costeira – a textura dos troncos das árbores Angophora, a follaxe, as sombras, a auga, as nubes e os reflexos da auga nas rochas – a través do sistema de filmación de separación de tres cores. A banda sonora é unha gravación do canto dos paxaros kookaburra chamándose entre eles, un equivalente aural da imaxe desta película composta por capas de cor, sombras e reflexos. (Celeste Araújo, Oriol Sánchez)
- Ano:1980
- Países de produción: Australia