![Waterfall](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/waterfall.jpg?itok=xZ-9_siO)
Waterfall
- 18 minutos
“En canto traballabamos en Waterfall, démonos conta de que había similitudes con certas fotografías de paisaxe do século XIX, particularmente coas de Eadweard Muybridge, onde as imaxes de fervenzas eran estudos no tempo. A referencia á tradición fotográfica continúa na cor da paisaxe circundante que se enchoupa de baños de cor producidos polas sombras das nubes movéndose de diversas maneiras nas separacións cromáticas. As tres imaxes superpostas da auga en movemento combínanse decote nun volume sólido, branco e indiferenciado, rodeado dunha actividade coloreada producida polas variacións dos patróns da corrente. Para aumentar o efecto, cara ao final da película, retardamos a velocidade de obturación e a auga converteuse nunha refacho de materia vagamente delineada que parecía medrar tanto como caer.” – Arthur e Corinne Cantrill.
- Ano:1984
- Países de produción: Australia