Garden of Chromatic Disturbance
- 13 minutos
“Existe a cor onde non hai luz? O xardín como lugar para estudar a cor – as aberracións cromáticas medidas en función dunha tarxeta colorimétrica de Kodak –, xogando coa repetición de planos (...). Esta foi a primeira película de separación de cores filmada con película de alto contraste, pareceunos moi difícil controlar a exposición, ademais, o seu fino soporte fai que esvare pola xaneliña da cámara. Estabamos tan decepcionados cos resultados que a deixamos de lado durante algún tempo. Máis tarde, ao retomala, démonos conta de que a nosa actitude cara as aberracións cromáticas mudara. Editamos a película intercalando planos negativos en branco e negro con planos en cor, e fixemos así das aberracións e das probas o tema da película.” – Arthur e Corinne Cantrill.
- Ano:1998
- Países de produción: Australia