The Room of Chromatic Mystery
- 7 minutos
"Despois de percorrer longas distancias durante moitos anos, caemos na conta de que se podían facer películas sinxelamente sen saír da casa. The Room of Chromatic Mystery, a nosa última película, considerámola a culminación do noso traballo de separación de cores. Foi filmada enteiramente no salón da nosa casa coa luz dispoñible, só era posible filmar alí onde había pequenas áreas de luz solar iluminando os obxectos. Para aumentar a luz exposta no negativo de baixa sensibilidade, a maior parte da película fíxose disparando un fotograma sucesivamente, con longas exposicións en cada un. Entre os rolos vermellos, verdes e azuis creouse unha vibración e unha fluctuación da luz e da cor nos elementos filmados que fixo que a cor final resultase aínda máis impredecible. A imaxe desintégrase e recréase perante os nosos ollos. A cor saturada do alto contraste, a piques de aparecer e desaparecer, así como o avivecerse da luz suxiren cambios nos estados da percepción e da memoria.”– Arthur e Corinne Cantrill.
- Ano:2006
- Países de produción: Australia