
Double Tide
- 99 min.
Dúas veces ao día, a mariscadora arrastra o trenó pesado que usa para o traballo nas marismas. Unha vez, cando o sol alumea a paisaxe no abrente e por segunda vez, cando o fai en cores brillantes ao solpor. Pasa 45 minutos facendo o seu camiño desde a ribeira cara á inmensidade que deixou a baixamar, e logo outros 45 regresando á orela, 45 minutos durante os que a imaxe plana da pantalla se estende na fondura do espazo. Ela camiña devagar a través da auga, abaixándose cada par de metros para enterrar as mans con luvas na lama. O ruído da succión ten algo intensamente corporal en comparación co chiar afastado dos páxaros e o son ocasional da buguina dun barco que fai eco a través da borraxeira. Antes de que a mariscadora traia as ameixas á ribeira, quita coidadosamente a lama toda do seu trenó. Double Tide, a cuarta película de Sharon Lockhart sobre o traballo (despois de Nō, Lunch Brake e Exit), preséntanos unha forma de traballo do que a maioría de nós somos tan pouco conscientes ou como de que só hai moi poucos días onde as mareas se dan dúas veces durante as horas do día en Maine. A representación dun traballo fisicamente esixente vincúlase estrañamente coas imaxes poéticas da paisaxe, como dous imáns que se atraen e se repelen entre si ao mesmo tempo. (Stefanie Schulte Strathaus)
- Ano:2009
- Países de produción: Austria, Estados Unidos