
The Fuckee’s Hymn
- 62 min.
Película en resposta á súa anterior Distinguished Flying Cross (2001), imita a súa estrutura para descompoñer a mitificación dos veteranos de guerra.
-
Retrospectiva Travis Wilkerson
For the Civilian Casualties in the 3rd Gaza War
The Fuckee’s Hymn
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:2023
- Países de produción: Estados Unidos
- Produtora(s): Creative Agitation
Notas no catálogo de Cinéma du réel
Antoine Thirion
Do mesmo xeito que Distinguished Flying Cross (2001), The Fuckee’s Hymn evoca a figura de William Wilkerson, un veterano da guerra de Vietnam, un mozo piloto de helicóptero cuxas condecoracións serviron para camuflar un erro do exército estadounidense. Esta nova película, quizais a máis despiadadamente escura e persoal do autor, reflicte a estrutura de Distinguished Flying Cross, dividida entre un interior doméstico e un exterior devorado polas pantasmas do pasado. Do mesmo xeito que a película anterior, o título está tomado dunha das cancións obscenas que a seu pai lle gustaba cantaruxar. Pero William Wilkerson xa non está aí para cantar, e é seu fillo quen agora recita a canción coa súa inimitable voz grave, profunda e mordaz: «Subiu a un campanario / E mexou sobre a xente / E a xente non puido mexar sobre el / Sobre el. Que o fodan». The Fuckee's Hymn ataca a mitificación do veterano, as condecoracións que converten a barbarie en heroísmo, o poder letal das historias que terxiversan a verdade das guerras e transfórmanas nunha carga inexpiable. Para Travis Wilkerson, as historias poden matar e, sen dúbida, seu pai morreu porque o converteron en heroe. A acolledora sala de estar onde dous fillos atentos sentaban ao redor de seu pai para escoitar os seus relatos de fazañas e derrotas deu paso a unha escuridade inhabitable. A esta voz só lle queda vagar por bosques visitados por imaxes de guerra traídas a casa e desarmar estas historias co corazón e con ira.