
Route One / USA
Route One / USA
Jesse Jackson, Paul McIsaac, Pat Robertson
- 255 minutos
Retrato da sociedade norteamericana dos anos oitenta do aclamado director de documentais Robert Kramer, en que percorre a mítica Route One dos Estados Unidos, que atravesa desde Maine deica o Key West de Florida.
- Ano:1989
- Países de produción: Estados Unidos, Francia, Italia, Reino Unido
- Guión: Robert Kramer
- Fotografía: Robert Kramer
- Montaxe: Jay Rabinowitz
- Produtora(s): Les Films d'Ici
-
Crítica do filme
Por Nicolás Carrasco (Desistfilm)
Inicio do filme
Versión orixinal con subtítulos en francés.
Sobre Route One / USA
Robert Kramer
Unha das consideracións neste filme era facer o mínimo posible de preprogramación. Durante a preparación do filme, eu percorrín toda a estrada en dirección oposta. Non intentei coñecer a ninguén nin nada parecido, buscaba só sitios onde me apetecía filmar – lugares, xeografía –. O máximo que ficamos nun sitio foron 10 días. Estabamos sempre a mudar de lugar. Eu elaboraba un pouco as cousas que quería e Paul saía por aí a traballar o seu papel e regresaba con ideas e escenas, normalmente con base no que “o médico faría” – que faría o médico e que non faría en determinado sitio –.
Lémbrome concretamente dun momento en Bridgeport, preto do día de Acción de Gracias. Eu sabía que quería entrar no gueto e volver a... hai uns dez anos que non estaba no medio dos negros. Quería regresar e ver que acontecera, que significado tiña a nova violencia, a nova pobreza, etc. Estaba a mergullarme niso. Pensei que o médico querería servir ás persoas no Día de Acción de Grazas. Entón arranxamos un contacto. El comezou a aparecer nun refuxio onde servían comidas de Acción de Grazas. Inicialmente pensou que unha das cousas que o médico faría sería traballar nun programa antisida, para percibir o que as persoas andaban a facer. Intentou establecer os contactos, mais estaba perfectamente claro que un tipo branco non podía meterse no medio de tipos negros, pois estes terían a certeza de que era un policía. Despois o Paul estableceuse no refuxio. Fixo o mesmo que fixera coa clínica, ía todos os días ao refuxio. Eu non quería oír falar do asunto. Parecíame estupendo, mais non fun alí, nin quixen que el me contase demasiado. Mentres eu andaba a facer as miñas cousas co Cecil, o tipo en fronte da bandeira americana. O Paul vivía á parte, no refuxio, e encontrábase só coas persoas de alí. Finalmente chegou a mañá do Día de Acción de Gracias, fomos ata alí e o froito do traballo que el andara a facer facilitou moverse por alí dentro. O refuxio era un sitio onde a nova tecnoloxía revelouse moi importante – todos aqueles tipos diferentes de focos sen fíos, de película con código de tempo, o código de tempo Aaton ao mesmo tempo na película e no son significa que hai unha grande flexibilidade na forma en como se inviste nun local –. Por exemplo, era posible que o Paul estivese a facer o que tiña que facer na cociña coas persoas que aí traballaban e eu estar a cen metros a filmar outra cousa co técnico de son dicíndome que o Paul estaba a ter unha conversa interesante na cociña, porque podía oílo, e gravar ou non gravar, dependía. Eu construía a miña abordaxe a Paul sabendo do que estaba a falar ou se estaba a falar. Chegados a este punto hai un establecemento total de calquera distinción posible entre documental e ficción, porque teño tanto control como tería nunha escena que estivese orquestrada por completo. (...) E alí estabamos nós, cinco meses na estrada, viaxando e filmando. Foi extenuante mais foi o tipo de cousa que busco sempre.
Declaracións de Robert Kramer en Rodrigues, Antonio, Robert Kramer, Cinemateca Portuguesa, 2000, pp. 120-121