Travis Wilkerson
Do 3 de outubro de 2025 ao 23 de outubro de 2025
Un encontro fortuíto na Habana co lendario cineasta cubano Santiago Álvarez cambiou o rumbo da vida de Travis Wilkerson. A súa obra cinematográfica, recoñecida internacionalmente, traspasa as fronteiras entre o documental e a ficción, a interpretación e o activismo. No epicentro do seu traballo atópase a procura constante de puntos de encontro entre a elocuencia estética e o compromiso político, producidos cunha modestia absoluta en canto a recursos materiais, da forma máis autosuficiente posible. En 2015, Sight & Sound cualificou a Wilkerson como «a conciencia política do cinema estadounidense». As súas películas proxectáronse en centos de festivais de todo o mundo, entre eles Berlín, Sundance, Toronto e Locarno. Recibiu unha bolsa Guggenheim, unha bolsa UnDo, o premio Creative Capital, unha bolsa Rockefeller, así como bolsas do Consello das Artes de Canadá. A revista The New Yorker cualificou Did You Wonder Who Fired the Gun? como unha das «sesenta e dúas películas que deron forma á arte do cinema documental». An Injury to One foi nomeada unha das mellores películas de vangarda da década por Film Comment e un «fito do cinema político» polo Times. O seu último traballo, Through the Graves the Wind is Blowing, unha homenaxe á Onda Negra iugoslava, estreouse en Encounters na 74.ª Berlinale. Variety cualificouna como «dinamicamente entretida... unha fermosa meditación monocromática sobre como nada é realmente branco ou negro».
Coa colaboración de
Did You Wonder Who Fired the Gun?
The Full Benefits of Aboriginal Equality
Fragments of Dissolution
The Scents That Carry Through Walls
Full Metal Kuleshov Effect
The Second Burial
A Brief History of the Obliteration of Hope
National Archive
An Injury to One
Silent Across Disputed Borders
Accelerated Under-Development
Superior Elegy
Who Killed Cock Robin?
Sand Creek Equation
Distinguished Flying Cross
For the Civilian Casualties in the 3rd Gaza War
The Fuckee’s Hymn
Les Corps Evocateur(e)s
GET LOST!
May Day
Machine Gun or Typewriter?
Requiem for Progress
Los Angeles Red Squad: The Communist Situation in California
For Michael Brown
Two Party System
Pluto Declaration
I Am Present
Strange Flower