
Distinguished Flying Cross
- 62 min.
Un pai sentado no centro da mesa, flanqueado polos seus dous fillos adultos e unhas cervexas: esta composición minimalista é tan xeometricamente sobria como A última cea de Leonardo Da Vinci. Relaxado, o home relata sen andrómenas a súa experiencia como suboficial do exército en Vietnam. A guerra? A súa vocación como piloto foi froito do azar: había que pasar polo exército para facer carreira na aviación. Cuestionando a marxe de manobra do que o cineasta denomina «un bo home» en tempos dunha guerra inxusta, a película céntrase sobre todo nas características distintivas do seu discurso. Un longo subtítulo afasta o material do autobiográfico, ao estilo dos capítulos dunha novela do século XVIII: “A historia de como o suboficial Wilkerson foi condecorado coa Cruz de Voo Distinguido, tal e como llela contou aos seus fillos”.
-
Retrospectiva Travis Wilkerson
Sand Creek Equation
Distinguished Flying Cross
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:2011
- Países de produción: Estados Unidos
- Produtora(s): Creative Agitation
-
Crítica do filme
Cristina Bernaldo (Blogs & Docs)
Escena de apertura
Versión orixinal en inglés