Women Make Film (5)
- 120 minutos
Unha serie dirixida por Mark Cousins e que para a súa proxección no CGAI se divide en sete partes de dúas horas cada unha. Conformada internamente por un total de 40 capítulos ou epígrafes, a serie recompila un milleiro de fragmentos de filmes realizados por mulleres que cobren 13 décadas de historia do cine. Esta quinta entrega recolle os segmentos comprendidos do 24 ao 29, tratando as seguintes cuestións: cambio de marcha; comedia; melodrama; ciencia-ficción; horrores e infernos; tensión.
- Ano:2018
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Mark Cousins
- Montaxe: Timo Langer
- Produtora(s): Dogwoof Digital, Hopscotch Films