
Los Angeles Red Squad: The Communist Situation in California
- 71 min.
O comezo, Los Ángeles hoxe, á tardiña. Nesta primeira entrega dunha serie sobre a policía en Estados Unidos, Travis Wilkerson trata de rastrexar as primeiras actividades da sección Red Squad (Escuadrón Vermello) da policía municipal, baixo a celosa tutela da súa figura emblemática nos anos vinte e trinta, William «Red» Hynes. Del só vemos o seu rostro e un xesto, co revólver apuntando á persoa que o fotografa. A súa misión? Localizar, expulsar e ameazar os activistas comunistas. A infiltración e a intimidación eran o pan de cada día desta milicia política creada expresamente para acabar con calquera indicio de subversión social ou política.
- Ano:2013
- Países de produción: Estados Unidos
- Produtora(s): Creative Agitation
-
Crítica do filme
Roger Koza (Con los ojos abiertos)
Tráiler
Versión orixinal en inglés