
May Day
- 10 min.
Masiva manifestación no centro de Los Ángeles polo 1 de maio, no que centos de cidadáns norteamericanos aclaman “USA” á vez que portan bandeiras tanto estadounidenses como de México e en menor medida doutros países latinoamericanos. Nas pancartas poden lerse mensaxes en contra da deportación.
Wilkerson filma a pé de rúa, cun plano moi parecido ao dos obreiros saíndo da fábrica dos Lumière. Vira a cámara sobre o seu trípode cando a marea de xente se lle achega. Os reflexos nun escaparate fanos igualmente visibles e o enxordecedor son das súas proclamas fóra de campo non deixa lugar a dúbidas: non poden ser silenciados.
-
Retrospectiva Travis Wilkerson
May Day
Machine Gun or Typewriter?
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:2025?
- Países de produción: Estados Unidos
- Produtora(s): Creative Agitation