Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella
Miro Casabella, Manuel Rioboo
- 60 minutos
Filme documental sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros galegos. Unha produción de Cántigas da Terra promovida ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-22 da Xunta de Galicia.
A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.
-
Off Galicia
Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella
Versión lingüística:VOFormato:HDPresentación a cargo de Federico A. Rioboo, Moncho Iglesias e Oscar Górriz. Entrada de balde.
-
Off Galicia Cineclube Valle-Inclán
Parolar cun eu
Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella
Versión lingüística:VOFormato:HD
- Ano:2022
- Países de produción: España
- Guión: Federico A. Rioboo
- Fotografía: Oscar Górriz
- Produtora(s): A.C. Cántigas da Terra