
O médico certo
Fernando Diz-Lois, Fernando de la Iglesia, Emilio Casariego, Víctor Mosqueira, Chete Lera
- 61 min.
A medicina sempre ten que partir de quen padece a dor da enfermidade: o ser humano e, por iso, a cura só pode ser atinxida a través do encontro con outro ser humano: o médico certo.
-
Raúl Veiga: variacións sobre amor e identidade
O médico certo
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresenta: Raúl Veiga.
- Ano:2014
- Países de produción: España
- Guión: Raúl Veiga e Fernando Diz-Lois
- Fotografía: Juan Carlos Gómez
- Montaxe: Guillermo Represa
- Produtora(s): Producións Fenda
Notas do director
Raúl Veiga
Nunha altura en que o noso sistema de saúde encara graves problemas, acentuados polo progresivo envellecemento da poboación, é obrigado reflexionar. Para o facer, o Dr. Fernando Diz-Lois e os seus colegas, os doutores Fernando de la Iglesia e Emilio Casariego, reformulan a cuestión desde a súa raíz no encontro entre o médico e o doente, mostrándonos como actúa o ollar médico e confrontándonos coa necesidade dunha mudanza de modelo.
Tórnase preciso ir para alén dunha medicina caracterizada polo afastamento entre o médico e o doente, a estandarización da aproximación ao paciente e a sobreutilización da tecnoloxía e as terapias farmacolóxicas, co conseguinte aumento do gasto e unha crecente quebra no imprescindíbel acompañamento da persoa enferma.
Para estas reflexións teren plena capacidade de interesar o espectador, o noso documentario ilústraas con dramatizacións de varios casos clínicos escolleitos, comentados polo Dr. Diz-Lois e interpretados por actores de primeiro nivel, as cales nos permiten unir información e emoción da forma máis eficaz.
Unha nova medicina ten que partir de quen padece a dor da enfermidade: o ser humano e, por iso, a cura só pode ser atinxida a través do encontro con outro ser humano: o médico certo.