
Superfícies – Arde Aral (leite)
Alberte Pagán, Susi Espiñeira
- 36 min.
Diario de viaxe polo mar de Aral, antigamente un dos lagos máis grandes do mundo, hoxe reducido ao 10% da súa superficie. Pagán intercala imaxes propias tiradas da convivencia alá cun grupo de cazadores da estepa –en dúas etapas, nos veráns de 2018 e 2023– con refilmacións das pezas Memoria (Nerea Barros, 2021) e Man of Aral (Helena Gouveia Monteiro, 2024) en superficies acuosas, puntuadas por extractos en off do seu libro Jalundes e pinturas do museo de arte Igor Savitsky.
Última entrega da serie Superfícies que Pagán leva desenvolvendo dende 2014. Nela procura “investigar a refilmaçom de images (novas ou velhas) projectadas sobre diferentes superfícies”. Así, “a “janela” cinematográfica convértese, inesperadamente, em “lenço” ante o que intervém o protagonista”.
-
Off Galicia
Memoria
Man of Aral
Superfícies – Arde Aral (leite)
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresenta: Alberte Pagán. Entrada de balde.
- Ano:2024
- Países de produción: España
- Fotografía: Alberte Pagán, Susi Espiñeira
Superfícies – Arde Aral (leite)
Alberte Pagán
il’yas otan tange a guitarra — estades no interior da choupana que habitam il’yas e aibek │irmao pequeno condutor do velho lada que lastimosamente vos levou à represa de kok-aral |calor e montanhas de pó que entram polas janelas abertas para amansar a calor: inexistente pista areosa: percurso pola paisage| e ao lago qamystibas |no que deixar as capas de pó acumuladas no corpo|│ e o grupo de persoas │galym, zhynka, a mai de il’yas, um neno│ que entram e saem continuamente com escopetas e faisáns e coelhos que ajudas a esfolar — il’yas nom fala inglês, tu nom falas russo — levas três dias seqüestrado neste ger plantado no meio da estepe, imensa chaira de iguais características mires para onde mires — queres marchar e nom sabes nem em que direçom encetar a caminhada: chegastes tarde pola noite seguindo pistas inidentificáveis — breve mato serve de retrete, nom tés água para lavar-te, estás canso de passear os quentes exteriores: melhor regressar ao fresco interior, deitar-te nas alfombras e mirar, olhá-los, escoitá-los sem entender colóquios nem risos — quando te perguntam algo deixas patente o teu desconforto: cara longa, paciência esgotada: nom saber quando te levarám de volta a aralsk — oferecem-che umha mulher, isso si o entendes: a incomodidade medra — miras o teito: o feltro uniformemente furado = pontos de luz como estrelas — a noite é preta.